5 feb 2009

Pedrafita do Cebreiro (escudo)


Decreto 274/1998, do 24 de setembro DOG núm. 196 (8 de outubro de 1998)
De sinople (verde), o cáliz e a patena de ouro (amarelo), e nos flancos dúas vieiras de prata (branco); xefe encaixado de ouro. Ó timbre, a coroa real pechada.
Tráense ó campo deste escudo o cáliz e a patena do famoso santuario do Cebreiro, como símbolos recoñecidos do milagre da transubstanciación, que enriqueceu aínda máis a indiscutible significación daquel no contexto da gran ruta xacobea. De aí tamén, a oportuna presencia de dúas vieiras, que insisten nesta circunstancia e no seu singular influxo na conformación histórica destas terras. Como oportuno complemento disponse, por fin, un xefe encaixado que serve para aludir á accidentada orografía deste termo municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario