9 feb 2009

Pontecesures (escudo)


Decreto 275/1998, do 24 de setembro DOG núm. 196 (8 de outubro de 1998)
De azur (azul), e sobre ondas de prata (branco) e azur, unha ponte defendida de ouro (amarelo), flanqueada de dúas vieiras de prata. Ó timbre, a coroa real pechada.
A imaxe heráldica da ponte defendida sobre ondas de prata e azur, que se traen ó campo deste escudo, permite aludir con precisión ó río Ulla e á propia ponte que aquí o salva, posto que un e outro son imaxe representativa e convencional da municipalidade e, asemade, sentido e razón do seu propio topónimo. As dúas vieiras que se dispoñen nos flancos son, por outra parte, un adecuado complemento que permite recorda-la antiga vinculación destas terras a Iria —que foi cabeza do vello bispado da plenitude medieval— e, por extensión, a todo o ámbito compostelán e xacobeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario