Mostrando las entradas con la etiqueta A Coruña (bandeiras oficiais). Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta A Coruña (bandeiras oficiais). Mostrar todas las entradas

9 feb 2009

Zas (bandeira)


Decreto 138/2001, do 25 de maio DOG núm. 119 (20 de xuño de 2001)
Sobre o pano branco, unha franxa ou tira vertical de vermello, disposta no centro e cunha torre de amarelo, aclarada de azul, e dúas mazarocas ó natural, dispostas unha á hasta e a outra ó batente.
Esta bandeira fundaméntase, segundo o criterio xeralmente aplicado ós municipios de Galicia, no propio escudo municipal. En substancia, tráese ó pano dela algunhas das figuras presentes naquel: a torre donxonada e as mazarocas —ou panochas— que figuran na súa bordura, sen advertir nada do seu significado ou representación concreta na presente ocasión.

Vedra (bandeira)


Decreto 343/1996, do 13 de setembro DOG núm. 186 (23 de setembro de 1996)
Partida ó centro. Amarelo á hasta, cun dragón verde, linguado e unllado de vermello, e verde ó batente.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Trazo (bandeira)


Decreto 83/2008, do 10 de abril, DOG núm. 83 (30 de abril de 2008)
Pano de verde cun castelo de branco e, a súa dereita un lobo pasante de branco.
As figuras representan o señorío da linaxe “Vega” sobre esta vila; a cor alude o carácter puramente agrícola e rural do municipio no que destacan os seus extensos prados.

Teo (bandeira)


Decreto 273/1996, do 27 de xuño DOG núm. 132 (5 de xullo de 1996)
Sobre o pano azul, dous sabres brancos, encabados de amarelo e resaltados dunha vieira de amarelo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Santa Comba (bandeira)



Decreto 543/2005, do 20 de outubro, D.O.G. num. 209 (31 de outubro de 2005)
Sobre o de púrpura, o castelo de amarelo, sumado nos seus flancos de dúas vieiras brancas e acompañando, ao batente, de dúas tiras brancas, verticais e ondadas
Considerase oportuno seguir os criterios aplicados aos municipios de Galicia, é dicir a partir do seu propio escudo heráldico. Poe elo, proponse incorporar ao pano os elemntos principais de áquel, adecuando a súa disposición ao nove soporte (bandeira).

Pontedeume (bandeira)


Decreto 420/1996, do 21 de novembro DOG núm. 235 (2 de decembro de 1996)
Sobre o pano verde, a banda de amarelo
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Ponteceso (bandeira)


Decreto 84/2008, do 10 de abril D.O.G. núm.84 (do 2 de maio de 2008)
Pano azul cunha ponte de amarelo, de cinco arcos apuntados, sobre o tercio de abaixo; e, dúas cabezas de lobo de amarelo linguadas de vermello e enfrontadas no centro dos tercios de enriba.
De idéntico significado cos mesmos símbolos e esmaltes do escudo municipal.

Pobra do Caramiñal (bandeira)


Decreto 422/1996, do 21 de novembro DOG núm. 236 (3 de decembro de 1996)
Sobre o pano azul, unha árbore branca acompañada de dúas vieiras de amarelo, dispostas unha á hasta e a outra ó batente.
A insignia recolle harmonicamente sobre o pano dúas figuras significativas das que aparecen representadas nos emblemas ou selos actualmente usados polo concello da Pobra do Caramiñal. Aínda que o sentido ou significado de tales figuras non pode precisarse, estas teñen a súa orixe, segundo parece, nos selos que antigamente usaban os dous concellos ou entidades que se fusionaron na primeira metade do século pasado para conforma-lo actual municipio: A Pobra do Deán e Caramiñal.

Paderne (bandeira)


Decreto 140/2001, do 25 de maio DOG núm. 119 (20 de xuño de 2001)
Sobre o pano branco, a cabeza do xabaril da súa cor natural, linguada de vermello, e terciado á hasta de azul, con dúas vieiras de branco.
Esta bandeira organízase, segundo o criterio xeralmente aplicado ós municipios de Galicia, a partir dalgunhas das figuras heráldicas que están presentes no seu emblema heráldico: o xabaril e as vieiras, sen advertir nada do seu significado ou representación concreta na presente ocasión.

Ortigueira (bandeira)


Decreto 255/2007, do 20 de decembro, D.O.G. núm 7 (10 de xaneiro de 2008)
Tres franxas horizontais; 1ª e 3ª pano de azul cunha franxa horizontal de branco; 2ª pano de branco con tres rochas (aguillóns) sumadas de tres matas de estruga verde de sete follas.
Se simbolizan os aguillóns de cabo Ortegal e ao propio nome da vila de Ortigueira,, as franxas de azul e branco simbolizan a costa e a vinculación do municipio e as súas xentes co mar.

Oroso (bandeira)


Decreto 85/2008, do 10 de abril D.O.G. núm.84 (do 2 de maio de 2008)
En pano de verde, unha franxa horizontal de amarelo con un castiñeiro vello, froitado de catro ourizos, abrazado por unha edra.
O verde representa o medio ambiente; o pano amarelo e a árbore aluden a autonomía administrativa sobre a súa xurisdicción territorial e a edra lembra ó significado toponímico de Oroso.

Ordes (bandeira)


Decreto 172/2008, do 17 de xullo DOG núm. 159 (19 de agosto de 2008)
Pano terzado en vertical; primeiro, de verde cunha torre de amarelo aberta; o centro, xaquelado de oito escaques de negro e sete de amarelo; e terceiro, de verde tres flores de lis mal ordenadas.
O xaquelado representa a histórica liñaxe medieval dos Bermúdez cuxas orixes remóntanse aos condes de Traba nos séculos XI e XII, señores do antiquísimo soar de Santa Cruz de Montaos, que foi cabeza xurisdicional dun rico morgado; as flores de lis lembran o primeiro escudo oficioso do concello, xa instaurado e aceptado polo conxunto da poboación e que representa unha casa señorial na que pasou a noite o rei don Felipe II en 1554, da parroquia de San Xulián de Poulo; e a cor verde indica o carácter rural do municipio e o seu compromiso co medio ambiente.

Narón (bandeira)


Decreto 125/2000, do 11 de maio DOG núm. 103 (29 de maio de 2000)
Sobre o pano azul escuro, dúas chaves de amarelo dispostas, á hasta, paralelas á vaina, unidas e entretidas
Tráense a esta bandeira, tomándoas das súas propias armerías, onde figuran nun xefe partido, as denominadas chaves de ouro, unidas e entretidas, que se consideran sinal heráldico do vello mosteiro de Cluny, xefe da orde de San Benito. Del dependeu, como priorado, o mosteiro benedictino de San Martín de Xubia durante case catro séculos (entre 1121 e 1518).

Moeche (bandeira)


Decreto 332/2002, do 14 de novembro DOG núm. 233 (3 de decembro de 2002)
Sobre o pano verde, a banda engolada de amarelo acompañada de dúas torres do mesmo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

A Irixoa (bandeira)


Decreto 81/1996, do 29 de febreiro DOG núm. 50 (11 de marzo de 1996)
Sobre o pano amarelo, unha franxa vertical de verde, disposta no centro e acompañada de dúas cruces patés, ou ensanchadas, vermellas, unha á hasta e a outra ó batente.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Dumbría (bandeira)


Decreto 84/1999, do 11 de marzo DOG núm. 67 (9 de abril de 1999)
Sobre o pano amarelo, tres franxas ou tiras verticais e ondadas de azul, branco e azul
Esta bandeira confórmase a partir dunha soa representación, suficientemente ilustrativa: as tres franxas ou tiras verticais e ondadas, alusivas á abundancia de augas naturais con derrames que conforman un bo número de pequenos ríos e regatos

Curtis (bandeira)


Decreto 258/2007, do 20 de decembro, D.O.G. nº 7 (10 de xaneiro de 2008)
En pano verde, unha franxa horizontal de amarelo cun carballo verde no centro e dúas crucetas vermellas colocadas xunto ao seu tronco, unha a cada lado; no pano de verde catro estrelas de amarelo, dúas no terzo do hasta e dúas no do batente.
O carballo heráldico, que se dispón como motivo principal deste escudo, é trasunto do chamado carballo da Nosa Señora, centenario exemplar que se levanta a carón da igrexa de Teixeiro e que goza de xusta fama e significación en toda a comarca, onde esta especie arbórea ten ademais unha presencia moi destacada. Como complementos oportunos, tráense dúas crucetas, ou cruces patadas, que queren recorda-los dos núcleos de poboación máis importantes, Teixeiro e Curtis. O xefe de verde —alusión ó carácter rural do municipio— e as catro estrelas de ouro son, por último, representación adecuada das catro parroquias que hoxe conforman o termo municipal.

Cesuras (bandeira)


Decreto 174/2004, do 15 de xullo DOG núm. 147 (30 de xullo de 2004)
Sobre o pano verde, o calzado heráldico alterado coa cabeza de cabalo de negro, linguada de vermello, e disposta entre dúas pólas de loureiro de verde, froitadas de vermello e pasadas en aspa
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías

Cee (bandeira)


Decreto 325/2002, do 14 de novembro DOG núm. 232 (2 de decembro de 2002)
Sobre o pano verde, a torre donxonada de amarelo; terciado á hasta, de vermello coa cabeza de lobo de amarelo e, no alto, a vieira de branco.
A bandeira organízase a partir do escudo actualmente en uso polo municipio, a pesar da súa incorrecta formulación gráfica actual, que naturalmente non invalida o valor e a representatividade das figuras nel contidas. De aí, pois, a inclusión da torre donxonada, que substitúe o castelo alí representado. Engádese agora, co propósito de incluílas despois no propio escudo, que se prevé reformar e adecuar, dúas novas figuras, historicamente xustificadas: a vieira de branco, en recordo da pertenza destas terras ó arcediagado de Trastámara, e a cabeza de lobo de amarelo, en recordo da gran Casa de Altamira, que baixo a súa xurisdicción permaneceron estas terras ó longo de varios séculos.

Cariño (bandeira)


Decreto 342/1996, do 13 de setembro DOG núm. 186 (23 de setembro de 1996)
Partida ó centro. Branca á hasta, coa áncora de azul, e azul ó batente coas cinco estrelas de amarelo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías