9 feb 2009

Folgoso do Courel (bandeira)


Decreto 286/2008, do 4 de decembro, DOG núm 4 (7 de xaneiro de 2009)
En pano de amarelo, un castiñeiro de verde; e no terzo de abaixo, unha franxa encaixada de catro picos altos de verde.
O castiñeiro, cunha plantación no municipio dunhas 1500 hectáreas, representa o medio ambiente; as cruces aluden á célebre encomenda da Barra na Orde de Cabalería de Santiago, á que pertencía o termo municipal; o encaixado simboliza a serra do Courel, a serra da Trapa e a serra de Lourenzá, así como os montes de Formigueiros e Pía Paxaro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario