5 feb 2009

Bande (escudo)


Decreto 121/2000, do 11 de maio DOG núm. 103 (29 de maio de 2000)
De azur (azul), unha faixa ondada de ouro (amarelo), acompañada en xefe de dúas crucetas patadas e na punta dunha aguia estendida, todo do mesmo. Ó timbre, a coroa real pechada
Tráense ó campo deste escudo tres alusións de natureza moi concreta: a faixa ondada, que recorda os baños termais —famosos xa en tempos dos romanos— e, por extensión, os dos ríos representativos da municipalidade, o Cadós e o Badella, que desaugan no Limia. Como complementos oportunos dispóñense en xefe dúas crucetas patadas, que simbolizan o valor patrimonial e o influxo espiritual e histórico da igrexa visigótica de Santa Comba e do mosteiro benedictino de San Pedro de Bande, dependente de Celanova. Na punta, por fin, a aguia que alude á Roma imperial, da que quedan abundantes vestixios neste municipio (calzada, campamento, lápidas, cerámicas, exvotos, moedas, lendas...).

No hay comentarios:

Publicar un comentario