9 feb 2009

Forcarei (escudo)


Decreto 170/2008, do 17 de xullo DOG núm. 159 (19 de agosto de 2008)
En campo de azur, unha montaña de ouro de tres cumes, terrasada de sinople con dúas faixas ondadas de prata; superada de dúas espigas de centeo de ouro en aspa e unha roca alta de prata no centro, acompañadas dun fuso alto a cada lado; bordura de sinople cargada de trece abellas de ouro; ao timbre, coroa real pechada.
As espigas de centeo fan referencia á tradición deste cultivo; a roca e os fusos lembran a importancia histórica das fiandeiras no municipio, por cuxa actividade parece haber tomado o seu nome; a montaña de tres cumes fai referencia á cabeceira da comarca de Terra de Montes; as dúas ondas de prata aluden ós ríos Umia e Lérez; e, as abellas simbolizan as trece parroquias, a flor do toxo e a tradición apicultora no municipio para a obtención de cera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario