9 feb 2009

A Illa de Arousa


Decreto 174/2008, do 17 de xullo,D.O.G. núm. 160 (20 de agosto de 2008)
En campo de sinople fileteado de prata, unha ponte moderna de ouro sobre ondas de azur e prata, sumada dun faro de ouro con catro faces de luz saíntes da lanterna, dous en cada lado; bordura de azur cargado de trece vieiras de prata. Ao timbre, a coroa real pechada.
As veneras en campo de azur representan a ría de Arousa, os trece veciños que segundo a tradición poboaron a illa, a actividade marisqueira, conserveira, e por último a ruta xacobea; a ponte sobre ondas alude a súa unión co continente; o faro simboliza o existente na Punta Cabalo, o carácter puramente marítimo do municipio, a súa flota pesqueira e o tráfico marítimo; e o fileteado de prata lembra a súa insularidade, as praias, as mareas e os illotes Xidoiro, Arenoso e Pedregoso.

1 comentario: