5 feb 2009

Arbo (escudo)


Decreto 196/1995, do 16 de xuño DOG núm. 126 (3 de xullo de 1995)
De azur (azul), e sobre ondas de prata (prata) e azur, unha ponte de prata, cun só ollo, sumada de dúas chaves do mesmo, postas en aspa e franqueadas de dous acios de uvas de ouro (amarelo); bordura de ouro, con dúas lampreas da súa cor. Ó timbre, coroa real pechada
Nos emblemas e selos que ata hoxe utilizou este Concello xustifícase plenamente a presencia das figuras que se incorporan a súas armas: as chaves postas en aspa, en alusión á capela de San Pedro, berce da actual municipalidade; os acios de uvas, que recordan o viño de Albariño que aquí se produce e que goza de indubidable fama xa desde os séculos medievais; e as lampreas, importantes para a vida e a propia economía deste municipio desde tempos remotos, sendo ademais moi celebrada na actualidade. A tales representacións engádese, como motivo central, a ponte romana de San Xoán, onde os veciños deste Municipio frearon heroicamente –o 11 de febreiro de 1809– o paso ós franceses que comandaba o mariscal Soult.

No hay comentarios:

Publicar un comentario