9 feb 2009

Tomiño (escudo)


Decreto 163/2002, do 25 de abril DOG núm. 93 (15 de maio de 2002)
De ouro (amarelo), unha torre de sinople (verde), terrasada do mesmo e flanqueada de dúas árbores, tamén do mesmo; na punta, ondas de prata (branco) e azur (azul). Ó timbre, a coroa real pechada
Conságrase no escudo o desexo deste Concello de reorganiza-lo emblema municipal usado ó longo dos últimos anos, que era claramente inoportuno na orde heráldica. Por isto, só se incorporan agora os elementos heráldicos máis antigos e recoñecibles que figuraban naquel. Isto é, a torre e as árbores, dispostas sobre a terrasa e as ondas, aínda que nada poida engadirse respecto ó significado concreto de cada unha destas figuras, agás as ondas, que parecen aludir ó río Miño, que define o termo municipal polo sueste e que marca, ó tempo, o límite entre España e Portugal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario