5 feb 2009

Laza (escudo)


Decreto 256/2007, do 20 de decembro, D.O.G. núm 7 (10 de xaneiro de 2008)
En campo de azur unha máscara de peliqueiro de prata coas borlas, pel e coloretes de gules e a mitra perfilada do mesmo, sinistrada dunha cruz de Santiago de gules e campaña cargada de ondas de azur e prata; bordura de sabre cunha cadea de ouro. Timbrado de coroa real pechada.
A máscara simboliza ao traxe e a cultura dos peliqueiros de Laza, a cruz alude ao Camiño de Santiago, as ondas representan ao río Laza-o Támega-e, a cadea á antiga xurisdicción do condado de Monterrei e ao nobilísimo linaxe dos Zúñiga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario