5 feb 2009

Arcos da Condesa (escudo)


ENTIDADE lOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA;Decreto 197/1996, do 17 de maio DOG núm. 104 (28 de maio de 1996
Xadrezado de ouro (amarelo) e gules (vermello); bordura de azur (azul) con sete vieiras de prata (branco) e unha campá de ouro disposta no centro do xefe. Ó timbre, coroa real aberta
Tráense ás armas desta Entidade menor o xadrezado de ouro e gules, tradicionalmente atribuído á liñaxe dos Traba, en recordo da condesa dona Munina, irmá de don Pedro Froilaz, pois do seu palacio sito no lugar de Santa Mariña de Arcos tería derivado –así o quere a tradición local– o actual topónimo de Arcos da Condesa. Como complemento dispóñense na bordura unha campá, que alude á xa tradicional facturación destes obxectos no lugar de Badoucos, e sete veneras, finalmente, que recordan a antiga pertenza destas terras –a chamada Terra de Arcubus– ó ámbito xurisdiccional dos prelados composteláns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario