9 feb 2009

Mondariz-Balneario (escudo)


Decreto 124/2000, do 11 de maio DOG núm. 103 (29 de maio de 2000)
De prata (branco), catro faixas ondadas de azur (azul) e brochante sobre o todo unha copa de ouro (amarelo) coa serpe enroscada de sinople (verde), linguada de gules (vermello). Ó timbre, a coroa real pechada.
Este escudo constrúese a partir dunha soa e ineludible representación: as ondas de auga e a copa coa serpe enroscada, singularísima pero ben coñecida representación heráldica que serve para aludir ó manancial de Troncoso e ó carácter minero-medicinal das súas augas, que foron comercializadas no último tercio do século XIX no xustamente afamado Gran Hotel Balneario —unha época na historia de Galicia e de España, escribiu Otero Pedrayo— que levantou a familia Peinador. Á sombra daquel, ademais, naceu e desenvolveuse a poboación que alá por 1924 terminou por conforma-lo actual termo municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario