5 feb 2009

Xermade (escudo)


Decreto 327/1995, do 7 de decembro DOG núm. 242 (20 de decembro de 1995)
De sinople (verde), unha banda de ouro (amarelo) resaltada dun báculo de prata (branco), posto en pao, e acompañada de dous bezantes de ouro. Ó timbre, coroa real pechada
A antiga e singular circunstancia de que a xurisdicción das terras que hoxe conforman o termo municipal de Xermade estivera compartida entre os mosteiros de Meira e Monfero e a gran Casa de Andrade, permite organiza-las armas deste Concello coa inclusión da banda de ouro, que pintaban os desta importante estirpe señorial, resaltada dun báculo abacial. A composición compleméntase correctamente con dous bezantes de prata que aluden, á súa vez, á existencia nestas terras de abundantes testemuños arqueolóxicos, na súa maioría referidos á cultura castrexa. A cor verde –ou sinople– elixida permite, por outra parte, traer á representación heráldica unha desexada alusión á importancia que para a vida deste concello teñen as terras de pasto e todo o que delas se deriva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario