5 feb 2009

Amoeiro (escudo)


Decreto 421/2001, do 11 de decembro DOG núm. 8 (11 de xaneiro de 2002)
De sinople (verde), oito torres de ouro (amarelo); xefe de ouro, cunha pluma de prata. Ó timbre, a coroa real pechada
Este escudo organízase cunha dobre alusión de carácter xeográfico e histórico, ambos claramente definitorios da fisionomía e personalidade do Municipio. Así debe entenderse, en efecto, a inclusión das oito torres sobre sinople: a cor alude naturalmente ó peso e á importancia que as actividades agrícolas e gandeiras teñen na vida económica do Municipio. As torres, pola súa parte, son representación heráldica dos pazos ou casas grandes que, en elevado número, se reparten polas oito parroquias que conforman o termo municipal. A representación complétase oportunamente cun xefe heráldico, no que se dispón unha pluma de prata, para recordar —ou proclamar con sabor de homenaxe— que don Ramón Otero Pedrayo, unha das máis poderosas personalidades da cultura galega, tiña neste municipio a súa orixe familiar, no lugar de Trasalba; este topónimo parece aludir a unha chaira no alto que é, xustamente, o que quere representarse tamén coa aludida disposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario