9 feb 2009

Vilaboa (escudo)


Decreto 198/1996, do 17 de maio DOG núm. 104 (28 de maio de 1996)
De azur (azul), e sobre ondas de prata (branco) e azur, dúas torres de prata; bordura de gules (vermello) cunha cadea de ouro. Ó timbre, coroa real pechada.
As armas deste concello inspíranse nas dúas torres que unidas por unha cadea defendían o paso polo antigo estreito de Rande, por canto tales elementos figuraban xa nos vellos selos e emblemas municipais. Sen embargo, o novo modelo altera un tanto o anterior trazado das figuras e a súa propia disposición no campo, situando as cadeas na bordura, o que concede maior claridade e sinxeleza heráldica á representación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario