9 feb 2009

Soutomaior (escudo)


Decreto 422/2001, do 11 de decembro DOG núm. 8 (11 de xaneiro de 2002)
De azur (azul), o castelo de prata (branco); bordura axadrezada de ouro (amarelo) e gules (vermello). Ó timbre, a coroa real pechada.
Este emblema municipal organízase cunha dobre representación: a primeira, de carácter monumental, inclúe a gran fortaleza medieval, unha das máis célebres de Galicia, que foi secular testemuña e fundamental referente do vivir cotián da municipalidade; a segunda, de carácter especificamente histórico, é a alusión á gran liñaxe que o levantou e exerceu o seu dominio ata tempos relativamente recentes, dominando ademais moitas das terras que hoxe conforman a provincia de Pontevedra. Ó primeiro, naturalmente, fáiselle referencia por medio dun castelo heráldico; ó segundo, pola súa parte, a través dunha bordura axadrezada, simple abreviación, aínda que suficientemente ilustrativa, do axadrezado con faixas —ou das convencionais faixas axadrezadas— que os daquela grande estirpe histórica pintaron nos seus escudos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario