6 feb 2009

Crecente (escudo)


Decreto 23/2004, do 22 de xaneiro DOG núm. 21 (2 de febreiro de 2004)
De azur (azul), as dúas chaves de ouro (amarelo), dispostas en aspa e acompañadas, no xefe, dun crecente figurado de prata (branco) e, na punta, dunha torre do mesmo. Ó timbre, coroa real pechada
Neste emblema recórdanse e perpetúanse axeitadamente tres elementos suficientemente representativos. En primeiro lugar, as dúas chaves en aspa que aluden á antiga advocación a San Pedro da capital municipal. Ó lado, a torre de prata como recordo da magnífica fortaleza medieval de Fornelos, propia da Casa de Soutomaior, que foi testemuña e ás veces protagonista tamén dun acontecer histórico relevante. Finalmente, o crecente figurado como alusión parlante, ou exactamente fonética, que reclama o nome do Municipio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario