5 feb 2009

Baltar (escudo)


Decreto 89/1999, do 11 de marzo DOG núm. 69 (13 de abril de 1999)
De prata (branco), unha montaña de sinople (verde), resaltada dun cabalo de prata e acompañada, no xefe, de dúas espigas de ouro (amarelo). Bordura de sable (negro), cunha cadea de ouro. Ó timbre, a coroa real pechada
Este escudo organízase a partir de significacións moi precisas. A imaxe estilizada da montaña, en primeiro termo, alude á serra de Larouco, destacado accidente natural que lle concede singular fisionomía ó territorio deste municipio. O cabalo, pola súa vez, lembra a tradicional presencia en estado salvaxe desta especie animal, que foi riqueza enxalzada noutros tempos. As espigas, dispostas no xefe, son representación da riqueza agrícola, que ten como principal e tradicional producción o centeo. A cadea de ouro sobre negro, disposta en bordura, é un último e oportuno complemento, que recorda a presencia histórica e xurisdiccional da gran Casa de Monterrei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario