9 feb 2009

Sanxenxo (escudo)


Decreto 209/2000, do 21 de xullo DOG núm. 157 (14 de agosto de 2000)
De azur (azul) e saínte do flanco dereito, un brazo vestido de ouro (amarelo) e armado dunha lanza do mesmo. Ó timbre, a coroa real pechada.
Este escudo é, en realidade, unha formulación sinxela e clara das armerías usadas dende os primeiros momentos da actual municipalidade, como representativas da vella xurisdicción da Lanzada, da que foi titular o arcebispo de Santiago durante máis de catro séculos. A crecente puxanza da vila de Sanxenxo, capital do municipio, ó que ademais prestou o seu nome, terminou por desdebuxa-lo indiscutible carácter parlante —ou alusivo exactamente— destas armerías, consagradas polo seu uso continuado ó longo de máis de século e medio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario