6 feb 2009

Cotobade (escudo)


Decreto 312/1997, de 23 de outubro DOG núm. 217 (10 de novembro de 1997) Corrección de erros: DOG núm. 222 (17 de novembro de 1997)
De ouro (amarelo), o canón da súa cor, reforzado de prata (branco) e surmontado da cifra 1809 de sabre (negro); bordura de gules (vermello) con trece torres de ouro. Ó timbre, coroa real pechada
Trátase, en realidade, dunha versión nova e heraldicamente máis correcta das armas usadas por este Municipio: o célebre «canón de pao», que simboliza inmellorablemente a heroica resistencia contra os franceses durante a Guerra da Independencia; a figura acompáñase no xefe da cifra 1809, que precisa xustificadamente a de 1808, que ata agora figuraba no campo. Como complemento innovador inclúese unha bordura con trece torres, que é referencia ás importantes fortalezas existentes dentro do termo municipal –Tenorio, Couto de Torre, Castelo ou Castro Famelga– e, ó propio tempo, ás parroquias que hoxe conforman o termo municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario