Decreto 271/2001, do 20 de setembro DOG núm. 200 (16 de outubro de 2001)
De gules (vermello) unha cepa de vide de ouro (amarelo), froitada do mesmo e acompañada, no cantón destro do xefe, da cruz de San Xoán de prata (branco); xefe de ouro, cunha aguia de sable (negro). Ó timbre, a coroa real pechada
Tráense ó campo tres alusións suficientemente representativas de este Municipio. A primeira, a cepa de vide froitada, fai referencia á actividade fundamental que caracteriza dende moitos séculos atrás o seu perfil social e económico. A segunda, a cruz branca de San Xoán, que recorda, pola súa vez, a pertenza destas terras á grande encomenda sanxoanista de Quiroga. A terceira, por fin, un xefe heráldico de ouro cunha aguia de sable, que quere recorda-la pegada histórica da Roma imperial, cunha presencia e poderoso influxo que se mantivo ó longo dos séculos a través da importante calzada romana que unía Astorga e Braga; dela derivouse o Camiño ou verea real, que vertebrou o acontecer histórico de Larouco; seu zigzageante trazado (que algúns cualifican de curioso e enigmático) é coñecido, xustamente, polos codos de Larouco.

No hay comentarios:
Publicar un comentario