16 feb 2009

Vilaboa (bandeira)


Decreto 546/2005, do 20 de outubro DOG núm 209 (31 de outubro de 2005)
De azul, as dúas torres de branco, aclaradas de azul
Na súa virtude, considera oportuno incorporar sobre o pano de azul as torres de branco. Desta forma, a enseña proposta recrea baixo a nova formulación cromática (moi oportuna no caso das bandeiras) a presencia equilibrada destas dúas figuras sobre o campo do seu escudo municipal.

Vila de Cruces (bandeira)

Decreto 290/2008, do 4 de decembro,D.O.G. núm. 6 venrres 9 de xaneiro de 2009
En pano de verde, no ángulo de arriba da hasta, tres cruces de amarelo ben ordenadas.
O pano de verde representa o ámbito rural e as cruces son símbolos parlantes do topónimo que engloba o conxunto do termo municipal.

Sanxenxo (bandeira)


Decreto 209/2000, do 21 de xullo DOG núm. 157 (14 de agosto de 2000)
Ondado de azul e amarelo e terciado á hasta de azul co brazo saínte, vestido de amarelo e armado dunha lanza do mesmo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Pazos de Borbén (bandeira)


Decreto 85/1994, do 8 de abril DOG núm. 76 (21 de abril de 1994)
Cortada pola metade. Amarelo a porción superior e azul ultramar medio a inferior.

Illa de Arousa (bandeira)


Decreto 175/2008, do 17 de xullo,D.O.G. núm. 160 (20 de agosto de 2008)
En pano de azul trece vieiras de branco colocadas horizontalmente catro, cinco e catro.
As veneras en pano de azul representan a ría de Arousa, os trece veciños que segundo a tradición poboaron a illa, a actividade marisqueira, conserveira, e por último a ruta xacobea.

Forcarei (bandeira)


Decreto 169/2008, do 17 de xullo DOG núm. 159 (19 de agosto de 2008)
Pano con tres franxas horizontais de branco, verde e branco, sendo a verde do dobre de tamaño con trece círculos de amarelo postos, un no centro e doce nos vértices de dous imaxinarios hexágonos concéntricos. As franxas brancas, pola súa vez, con sendas franxas horizontais de azul.
O verde fai referencia ó ámbito rural do municipio, as outras franxas horizontais aluden ós ríos Úmia e Lérez e, os círculos á flor do toxo, ás trece parroquias e, a súa colocación en forma de hexágono a tradición apicultora para a obtención de cera.

Bembrive-Vigo (bandeira)


Decreto 164/2002, do 25 de abril DOG núm. 93 (15 de maio de 2002)
Sobre o pano verde, o machado de amarelo, disposto en banda e acompañado á hasta dunha vieira e, ó batente, dunha rama de piñeiro; todo do mesmo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Cuntis (bandeira)


Decreto 80/2008, do 10 de abril, DOG núm. 83 (30 de abril de 2008)
Sobre o pano azul a torre e estrela de amarelo, flanqueada das serpes enfrontadas do mesmo e linguadas de vermello.
Desexa lembrarse a case desaparecida fortaleza de Sebil, da que hoxe non quedan máis ca uns restos e que se levantaba na parroquia de Santa María de Cequeril, un dos lugares da municipalidade onde se localizan testemuñas da orixe castrexa. Como oportunos complementos desexa facerse, mediante a estrela, alusión tamén á vinculación destas terras cos arcebispos de Santiago, que dende o século XII e ata o final do antigo réxime exerceron seu señorío xurisdiccional, e finalmente aos importantes mananciais mineiro-medicinais que propiciaron a aparición de diversas instalacións balnearias, dando carácter e xusta fama á capital municipal.

Cerdedo (bandeira)


Decreto 270/2001, do 20 de setembro DOG núm. 200 (16 de outubro de 2001)
Partida ó centro. De azul á hasta, co Cordeiro Pascual disposto sobre o Libro dos Sete Selos; todo nas súas cores convencionais. De vermello ó batente.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías

A Cañiza (bandeira)


Decreto 111/2007, do 24 de maio DOG núm. 113 (13 de xuño de 2007)
Pano de verde cunha franxa vertical de branco no terzo do centro e, nesta, un carballo de verde follado e froitado de nove landras de vermello.
O pano verde representa o ámbito rural do municipio.O carballo e as súas nove landras sobre o pano de branco representan as nove parroquias e o propio nome da Cañiza cuio orixe se relaciona cos cañizos-casetas-que se cubrían coas ramas e madeiras de carballo.

Arbo (bandeira)


Decreto 165/2002, do 25 de abril DOG núm. 93 (15 de maio de 2002)
Sobre o pano azul, a lamprea de amarelo e no cantón alto, ó batente, un acio de uvas, tamén de amarelo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Xunqueira de Espadañedo


Decreto 171/2008, do 17 de xullo DOG núm. 159 (19 de agtosto de 2008)
En pano de azul unha banda xaquelada de trece e dúas ordes de branco e de vermello, acompañada dun xunco en cada oco.
A banda xaquelada representa o cenobio cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadañedo, arredor do cal xurdiu a poboación, que actualmente constitúe a capital do concello; e os xuncos son armas parlantes do municipio e mostran a riqueza desta especie vexetal no termo municipal.

Vilardevós (bandeira)


Decreto 278/2003, do 22 de maio DOG núm. 113 (12 de xuño de 2003)
Sobre o pano vermello, a cruz de San Juan e, terciado á hasta, de azul coas tres vieiras de branco.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Verea (bandeira)


Decreto 17/1996, do 12 de xaneiro DOG núm. 20 (29 de xaneiro de 1996)
Sobre o pano amarelo, unha cruz llana verde, cantonada á hasta, e no alto, dun carballo da súa cor.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

A Teixeira (bandeira)


Decreto 342/2003, do 24 xullo DOG núm. 152 (7 de agosto de 2003)
Sobre o pano verde, as dúas espigas de amarelo, postas en aspa, acompañadas no alto dun acio do mesmo e, á hasta, terciado de amarelo.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Riós (bandeira)


Decreto 175/2004, do 15 de xullo DOG núm. 147 (30 de xullo de 2004)
Sobre o pano amarelo, o carballo ao natural e, terciado ao batente, as ondas ou tiras verticais e ondadas, de azul e branco
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías

Ramirás (bandeira)


Decreto 302/1996, do 12 de xullo DOG núm. 147 (29 de xullo de 1996)
Partida a un tercio da hasta. Vermella á hasta, coa cruz e o compás de amarelo, e branca ó batente con nove paos ondeados de azul.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Paderne de Allariz (bandeira)


Decreto 152/2004, do 1 de xullo DOG núm. 135 (14 de xullo de 2004)
Sobre o pano branco, a figueira de verde e terciado de vermello á hasta e ao batente.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Oímbra (bandeira)


Decreto 440/1996, do 13 de decembro DOG núm. 254 (31 de decembro de 1996)
Sobre o pano amarelo, unha oliveira verde ó centro e dúas crucetas patés, ou ensanchadas, de vermello, unha á hasta e outra ó batente
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Monterrei (bandeira)


Decreto 137/2003, do 9 xaneiro DOG núm. 24 (4 de febreiro de 2003)
Sobre o pano de vermello, o castelo de amarelo; terciado á hasta de azul, co libro e os dous acios de amarelo.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías