9 feb 2009

Marín (escudo)


Decreto 419/1996, do 21 de novembroDOG núm. 235 (2 de decembro de 1996)
Partido. Primeiro: de ouro (amarelo), piñeiro arrincado da súa cor con dous osos do mesmo deitados ó tronco; segundo: de gules (vermello), ponte defendida de ouro; entado en punta de azur (azul), coa áncora de ouro. Bordura xeral de azur coa lenda IN MARE FORTUNA NOSTRA en ouro. Ó timbre, coroa real pechada.
Trátase, en realidade, dun novo e máis correcto deseño das armas traídas por este concello desde hai xa case cinco décadas. Mantéñense así, as alusións ó vello priorato que aquí tivo o mosteiro de Oseira, así como ó desaparecido castelo de San Fernando e á ponte que lle daba acceso, e por último á vocación mariñeira da vila de Marín, sede da Escola Naval Militar. Acéptase, polo demais, a solicitada variación do timbre, substituíndo a estraña coroa mural pola chamada real pechada, hoxe naturalmente recomendable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario