5 feb 2009

Cerdedo (escudo)


Decreto 30/1994, do 4 de febreiro DOG núm. 34 (18 de febreiro de 1994)
De azur (azul), o Agnus Dei de prata (branco) e posto sobre o Libro de los Siete Sellos. Ó timbre, coroa real pechada.
O Agnus Dei sobre o Libro de los Siete Sellos presente nestas armas xustificouse polo uso secular que de tales figuras fixo o Concello de Cerdedo. Así efectivamente figura, cando menos, desde o ano 1842, data en que se definiu este selo municipal en atención, segundo parece, a que con el se aludía a San Xoán Bautista, baixo a advocación do cal se sitúa a parroquia que é cabeza do Municipio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario