9 feb 2009

Bembrive (escudo)


Decreto 139/2001, do 25 de maio DOG núm. 119 (20 de xuño de 2001)
De sinople (verde), un machado de ouro (amarelo), disposto en banda e acompañado, no xefe, dunha rama de piñeiro e, xa na punta, dunha vieira; todo do mesmo. Ó timbre, a coroa real pechada
Este escudo organízase a partir de tres representacións. En primeiro lugar, un machado e unha rama de piñeiro, coa súa piña, que aluden á importancia que esta especie arbórea ten no termo da Entidade Local Menor, onde cobre máis de 300 hectáreas de monte reforestado. Como complemento de valor histórico disponse unha vieira na punta que é recordo da antiga vinculación do lugar coa Igrexa compostelá, expresada en múltiples ocasións; particularmente coas sucesivas doazóns da súa igrexa parroquial, levantada entre os anos 1185 e 1223 polos reis Ordoño II (915), Alfonso V (1024) e Fernando II (1179).

No hay comentarios:

Publicar un comentario