Mostrando entradas con la etiqueta Pontevedra (bandeiras oficiais). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pontevedra (bandeiras oficiais). Mostrar todas las entradas

16 feb 2009

Vilaboa (bandeira)


Decreto 546/2005, do 20 de outubro DOG núm 209 (31 de outubro de 2005)
De azul, as dúas torres de branco, aclaradas de azul
Na súa virtude, considera oportuno incorporar sobre o pano de azul as torres de branco. Desta forma, a enseña proposta recrea baixo a nova formulación cromática (moi oportuna no caso das bandeiras) a presencia equilibrada destas dúas figuras sobre o campo do seu escudo municipal.

Vila de Cruces (bandeira)

Decreto 290/2008, do 4 de decembro,D.O.G. núm. 6 venrres 9 de xaneiro de 2009
En pano de verde, no ángulo de arriba da hasta, tres cruces de amarelo ben ordenadas.
O pano de verde representa o ámbito rural e as cruces son símbolos parlantes do topónimo que engloba o conxunto do termo municipal.

Sanxenxo (bandeira)


Decreto 209/2000, do 21 de xullo DOG núm. 157 (14 de agosto de 2000)
Ondado de azul e amarelo e terciado á hasta de azul co brazo saínte, vestido de amarelo e armado dunha lanza do mesmo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Pazos de Borbén (bandeira)


Decreto 85/1994, do 8 de abril DOG núm. 76 (21 de abril de 1994)
Cortada pola metade. Amarelo a porción superior e azul ultramar medio a inferior.

Illa de Arousa (bandeira)


Decreto 175/2008, do 17 de xullo,D.O.G. núm. 160 (20 de agosto de 2008)
En pano de azul trece vieiras de branco colocadas horizontalmente catro, cinco e catro.
As veneras en pano de azul representan a ría de Arousa, os trece veciños que segundo a tradición poboaron a illa, a actividade marisqueira, conserveira, e por último a ruta xacobea.

Forcarei (bandeira)


Decreto 169/2008, do 17 de xullo DOG núm. 159 (19 de agosto de 2008)
Pano con tres franxas horizontais de branco, verde e branco, sendo a verde do dobre de tamaño con trece círculos de amarelo postos, un no centro e doce nos vértices de dous imaxinarios hexágonos concéntricos. As franxas brancas, pola súa vez, con sendas franxas horizontais de azul.
O verde fai referencia ó ámbito rural do municipio, as outras franxas horizontais aluden ós ríos Úmia e Lérez e, os círculos á flor do toxo, ás trece parroquias e, a súa colocación en forma de hexágono a tradición apicultora para a obtención de cera.

Bembrive-Vigo (bandeira)


Decreto 164/2002, do 25 de abril DOG núm. 93 (15 de maio de 2002)
Sobre o pano verde, o machado de amarelo, disposto en banda e acompañado á hasta dunha vieira e, ó batente, dunha rama de piñeiro; todo do mesmo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Cuntis (bandeira)


Decreto 80/2008, do 10 de abril, DOG núm. 83 (30 de abril de 2008)
Sobre o pano azul a torre e estrela de amarelo, flanqueada das serpes enfrontadas do mesmo e linguadas de vermello.
Desexa lembrarse a case desaparecida fortaleza de Sebil, da que hoxe non quedan máis ca uns restos e que se levantaba na parroquia de Santa María de Cequeril, un dos lugares da municipalidade onde se localizan testemuñas da orixe castrexa. Como oportunos complementos desexa facerse, mediante a estrela, alusión tamén á vinculación destas terras cos arcebispos de Santiago, que dende o século XII e ata o final do antigo réxime exerceron seu señorío xurisdiccional, e finalmente aos importantes mananciais mineiro-medicinais que propiciaron a aparición de diversas instalacións balnearias, dando carácter e xusta fama á capital municipal.

Cerdedo (bandeira)


Decreto 270/2001, do 20 de setembro DOG núm. 200 (16 de outubro de 2001)
Partida ó centro. De azul á hasta, co Cordeiro Pascual disposto sobre o Libro dos Sete Selos; todo nas súas cores convencionais. De vermello ó batente.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías

A Cañiza (bandeira)


Decreto 111/2007, do 24 de maio DOG núm. 113 (13 de xuño de 2007)
Pano de verde cunha franxa vertical de branco no terzo do centro e, nesta, un carballo de verde follado e froitado de nove landras de vermello.
O pano verde representa o ámbito rural do municipio.O carballo e as súas nove landras sobre o pano de branco representan as nove parroquias e o propio nome da Cañiza cuio orixe se relaciona cos cañizos-casetas-que se cubrían coas ramas e madeiras de carballo.

Arbo (bandeira)


Decreto 165/2002, do 25 de abril DOG núm. 93 (15 de maio de 2002)
Sobre o pano azul, a lamprea de amarelo e no cantón alto, ó batente, un acio de uvas, tamén de amarelo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.