5 feb 2009

A Pastoriza (escudo)


Decreto 28/1994, do 4 de febreiro DOG núm. 34 (18 de febreiro de 1994)
De azur (azul), e sobre ondas de prata (branco) e azur (azul), unha cruz paté (ou ensanchada) de ouro (amarelo), cantonada de catro bezantes de prata. Ó timbre, coroa real pechada.
A influencia exercida durante séculos polos mosteiros de Lourenzá e Meira sobre as terras deste municipio, así como a localización nelas do Monasterium Maxime da primitiva diócese britoniense, son motivos que se recordan nas armas deste municipio coa cruz paté –ou ensanchada– de ouro. Os bezantes de prata aluden, pola súa parte, ós importantes vestixios da cultura castrexa aquí localizados; as ondas azuis e brancas recordan, finalmente, o nacemento do río Miño en Fonmiñá, dentro tamén deste termo municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario