5 feb 2009

Cualedro (escudo)


Decreto 319/1997, do 30 de outubro DOG núm. 221 (14 de novembro de 1997)
De sinople (verde), e sobre ondas de prata (branca) e azur (azul), unha cabra de prata; xefe encaixado de ouro (amarelo); bordura de sabre (negro) cunha cadea de ouro. Ó timbre, coroa real pechada
Tráense como motivos fundamentais ás armas deste Concello a figura dunha cabra heráldica, coa que se alude ó predominio da gandería ovina e caprina, e un xefe encaixado que simboliza a serra do Larouco. Como complementos inclúense as ondas, dispostas na punta, como referencia á cunca hidrográfica que cabe ubicar en terras de Cualedro, e a cadea disposta na bordura, coa que finalmente se alude á presencia e influxo histórico da gran Casa de Monterrei, excepcional protagonista do pasado destas terras

No hay comentarios:

Publicar un comentario