5 feb 2009

Barbadás (escudo)


Decreto 160/1997, do 18 de xuño DOG núm. 125 (1 de xullo de 1997)
De azur (azul), cinco crecentes de prata sumados das súas estrelas de ouro; franco-cuartel de prata, con seis roeles de azur. Ó timbre, coroa real pechada
Tráense como motivo fundamental para as armerías deste concello os crecentes e estrelas que nas súas armas pintaba o capitán don Tomé Punxín, no século XVI, acaso o personaxe de maior relevo da historia de Barbadás. Xunto a iso, pero dispostos nun franco-cuartel, os célebres trece roeles dos López de Lemos, liñaxe moi vinculado á historia destas terras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario