6 feb 2009

Cuntis (escudo)


Decreto 81/2008, do 10 de abril, DOG núm. 83 (30 de abril de 2008)
De azur (azul) e sobre ondas de prata (branco), unha ponte de ouro (amarelo) surmontada dunha torre e dunha estrela tamén de ouro e, nos flancos, de dúas serpes do mesmo, linguadas de goles (vermello) e enfrontadas. Ao timbre, a coroa real pechada
Recórdase a ponte romana que ata 1905 existiu no centro da capital municipal e por extensión ao resto dos testemuñas monumentais da romanización. Xunto a isto, desexa lembrarse tamén a case desaparecida fortaleza de Sebil, da que hoxe non quedan máis que un resto e que se levantaba na parroquia de Santa María de Cequeril, un dos lugares da municipalidade onde se localizan testemuñas da orixe castrexa. Como oportunos complementos desexa facerse, mediante a estrela, alusión tamén á vinculación destas terras cos arcebispos de Santiago, que dende o século XII e ata o final do antigo réxime exerceron seu señorío xurisdiccional, e finalmente aos importantes mananciais mineiro-medicinais que propiciaron a aparición de diversas instalacións balnearias, dandolle carácter e xusta fama á capital municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario