Mostrando entradas con la etiqueta Lugo (bandeiras oficiais). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lugo (bandeiras oficiais). Mostrar todas las entradas

11 feb 2009

Samos (bandeira)


Decreto 287/2008, do 4 de decembro DOG núm. 6 (9 de xaneiro de 2009)
Pano dividido en tres franxas verticais de verde, branco e azul; no terzo do centro, un círculo cunha cruz pometeada de amarelo con catro rubís de vermello, con catro vieiras de prata nos cantos.
O pano verde representa o carácter rural do municipio e a súa riqueza forestal e paisaxística; as cores branca e azul representan o río Sarria ou Samos; e a cruz pometeada representa a real abadía mitrada de San Xulián de Samos, protagonista de excepción na historia de toda a comarca, que estaba baixo a súa xurisdición.

10 feb 2009

Rábade (bandeira)


Decreto 330/2002, do 14 de novembro DOG núm. 233 (3 de decembre de 2002)
Partida á metade. De azul, coa aguia de amarelo, á hasta, e de amarelo ó batente.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Ribas de Sil (bandeira)


Decreto 344/1996, do 13 de setembro DOG núm. 186 (23 de setembro de 1996)
Sobre o pano azul, a cruz paté, ou ensanchada, de branco, disposta no centro e cantonada de catro follas de vide, de amarelo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Quiroga (bandeira)


Decreto 271/1998, do 24 de setembro DOG núm. 195 (7 de outubro de 1998)
Sobre o pano verde, a torre de amarelo, flanqueada de catro franxas ou tiras verticais de branco, dúas á hasta e dúas ó batente.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías

O Páramo (bandeira)


Decreto 331/1997, do 13 de novembro DOG núm. 227 (24 de novembro de 1997)
Partida a un tercio da hasta. Azul á hasta, cóas dúas torres de amarelo, e vermello ó batente coa cruz da Orden de San Juan, ou de Malta.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías

9 feb 2009

Pobra do Brollón (bandeira)


Decreto 46/2005, do 4 de marzo, DOG núm. 53 (15 de abril de 2005)
Partida de amarelo á asta, co piñeiro de verde e a vide enroscada nel, froitada de vermello e de verde ao batente.
Na súa virtude, considerase oportuno incorporar sobre o pano, dividido a metade, de amarelo a asta e de verde ao batente, o pino de sinople (verde), coa vid enroscada do mesmo, froitada de gules (vermello), segundo todo elo se representa o aludido emblema heráldico municipal.

Mondoñedo (bandeiras)


Decreto 336/1999, do 9 de decembro DOG núm. 250 (29 de decembro de 1999)
Sobre o pano vermello, o cáliz de amarelo, sumado da Sagrada Forma de branco e acompañado de seis cruces, tamén de branco, tres á hasta e tres ó batente.
Esta bandeira de factura nova, ten moito que ver —excepto na cor do pano— coas enseñas que noutro tempo se enarboraron para representa-lo Reino de Galicia, pero que finalmente non tiveron a fortuna de ser recoñecidas oficialmente, o que si ocorreu en cambio coa modificada matrícula do porto coruñés. Polo demais, véxanse os motivos que inspiran esta bandeira no texto explicativo correspondente ás armerías deste municipio

O Incio (bandeira)


Decreto 308/1996, do 12 de xullo DOG núm. 148 (30 de xullo de 1996)
Sobre o pano vermello, unha aspa de amarelo
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Foz (bandeira)

Decreto 178/2008, do 17 de xullo,D.O.G. núm. 160 (20 de agosto de 2008)
Tres franxas horizontais de azul, branco e de verde; a de branco do dobre tamaño que as outras dúas, cunha fragata de azul coas velas despregadas.
O pano de azul representa o mar, o branco a súa costa e a area das súas praias, o barco representa a actividade portuaria de Foz dende a Idade Media, e o pano de verde a súa actual riqueza forestal.

Folgoso do Courel (bandeira)


Decreto 286/2008, do 4 de decembro, DOG núm 4 (7 de xaneiro de 2009)
En pano de amarelo, un castiñeiro de verde; e no terzo de abaixo, unha franxa encaixada de catro picos altos de verde.
O castiñeiro, cunha plantación no municipio dunhas 1500 hectáreas, representa o medio ambiente; as cruces aluden á célebre encomenda da Barra na Orde de Cabalería de Santiago, á que pertencía o termo municipal; o encaixado simboliza a serra do Courel, a serra da Trapa e a serra de Lourenzá, así como os montes de Formigueiros e Pía Paxaro.

Cervo (bandeira)


Decreto 272/2001, do 20 de setembro DOG núm. 200 (16 de outubro de 2001)
Sobre o pano verde, un cervo de amarelo, vilenado de vermello; encaixado de azul, a un tercio da hasta, coa estrela de amarelo e unha áncora de branco
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías

Bóveda (bandeira)


Decreto 137/2003, do 9 xaneiro DOG núm. 24 (4 de febreiro de 2003)
Sobre o pano azul, os tres dados punteados (5 4 5), dispostos á hasta e acompañados, ao batente, de tres tiras ondeadas de branco
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías

Burela (bandeira)


Decreto 229/1996, do 30 de maio DOG núm. 114 (11 de xuño de 1996) Corrección de erros: DOG núm. 152 (5 de agosto de 1996)
Partida a un tercio da hasta. Azul escuro á hasta, co faro e o torque de amarelo, e de azul claro ó batente
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías

Baralla (bandeira)


Decreto 135/1996, do 29 de marzo DOG núm. 76 (18 de abril de 1996)
Sobre o pano azul, un caldeiro de amarelo, sumado dunha cruz do mesmo e acompañado de catro torres brancas dispostas nos cantóns.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías

Antas de Ulla (bandeira)


Decreto 15/1997, do 30 de xaneiro DOG núm. 25 (6 de febreiro de 1997) Corrección de erros DOG núm. 27 (10 de febreiro de 1997)
Sobre o pano azul, a torre amarela ó centro e as dúas caldeiras brancas, unha ó batente e a outra á hasta.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías