5 feb 2009

Pobra do Brollón (escudo)


Decreto 269/2001, do 20 de setembro DOG núm. 200 (16 de outubro de 2001)
De ouro (amarelo), un piñeiro de sinople (verde), froitado e terrasado do mesmo, cunha cepa de vide, tamén de sinople, enroscada no seu tronco e froitada de gules (vermello). Ó timbre, a coroa real pechada
Este escudo non é novo. Trátase, en realidade, dun deseño heraldicamente adecuado —sobre un debuxo previo de J. Bugallal— do emblema heráldico, de orixe sigilar, que este concello usou dende tempos tempranos. Nada pode precisarse respecto do momento e razón daquel e, moito menos, respecto do significado concreto das figuras representadas: o piñeiro terrasado e a cepa de vide, froitada e enroscada ó seu tronco. Ás veces, deberá advertirse —para constancia do feito polo menos— que esta última figura interpretouse simplemente como unha serpe da súa cor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario