Mostrando entradas con la etiqueta Ourense (bandeiras oficiais). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ourense (bandeiras oficiais). Mostrar todas las entradas

16 feb 2009

Xunqueira de Espadañedo


Decreto 171/2008, do 17 de xullo DOG núm. 159 (19 de agtosto de 2008)
En pano de azul unha banda xaquelada de trece e dúas ordes de branco e de vermello, acompañada dun xunco en cada oco.
A banda xaquelada representa o cenobio cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadañedo, arredor do cal xurdiu a poboación, que actualmente constitúe a capital do concello; e os xuncos son armas parlantes do municipio e mostran a riqueza desta especie vexetal no termo municipal.

Vilardevós (bandeira)


Decreto 278/2003, do 22 de maio DOG núm. 113 (12 de xuño de 2003)
Sobre o pano vermello, a cruz de San Juan e, terciado á hasta, de azul coas tres vieiras de branco.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Verea (bandeira)


Decreto 17/1996, do 12 de xaneiro DOG núm. 20 (29 de xaneiro de 1996)
Sobre o pano amarelo, unha cruz llana verde, cantonada á hasta, e no alto, dun carballo da súa cor.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

A Teixeira (bandeira)


Decreto 342/2003, do 24 xullo DOG núm. 152 (7 de agosto de 2003)
Sobre o pano verde, as dúas espigas de amarelo, postas en aspa, acompañadas no alto dun acio do mesmo e, á hasta, terciado de amarelo.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Riós (bandeira)


Decreto 175/2004, do 15 de xullo DOG núm. 147 (30 de xullo de 2004)
Sobre o pano amarelo, o carballo ao natural e, terciado ao batente, as ondas ou tiras verticais e ondadas, de azul e branco
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías

Ramirás (bandeira)


Decreto 302/1996, do 12 de xullo DOG núm. 147 (29 de xullo de 1996)
Partida a un tercio da hasta. Vermella á hasta, coa cruz e o compás de amarelo, e branca ó batente con nove paos ondeados de azul.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Paderne de Allariz (bandeira)


Decreto 152/2004, do 1 de xullo DOG núm. 135 (14 de xullo de 2004)
Sobre o pano branco, a figueira de verde e terciado de vermello á hasta e ao batente.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Oímbra (bandeira)


Decreto 440/1996, do 13 de decembro DOG núm. 254 (31 de decembro de 1996)
Sobre o pano amarelo, unha oliveira verde ó centro e dúas crucetas patés, ou ensanchadas, de vermello, unha á hasta e outra ó batente
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Monterrei (bandeira)


Decreto 137/2003, do 9 xaneiro DOG núm. 24 (4 de febreiro de 2003)
Sobre o pano de vermello, o castelo de amarelo; terciado á hasta de azul, co libro e os dous acios de amarelo.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías

A Mezquita (bandeira)


Decreto 180/1996, do 9 de maio DOG núm. 100 (22 de maio de 1996)
Sobre o pano azul, un cadeado de branco disposto no centro e resaltado de dúas chaves de amarelo postas en aspa.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Melón (bandeira)


Decreto 147/2004, do 25 de xuño DOG núm. 132 (9 de xullo de 2004)
Sobre o pano azul, o báculo de amarelo, flanqueado por dous cruzamentos floronadas do mesmo; terciado á hasta con axadrezado en dúas ordes de branco e vermello.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías

Lobeira (bandeira)


Decreto 470/1997, de 21 de novembro DOG núm. 246 (22 de decembro de 1997)
Partido encaixado a un tercio da hasta. Amarelo á hasta e vermello ó batente, co lobo de amarelo
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías

Laza (bandeira)


Decreto 257/2007, do 20 de decembro,D.O.G. núm 7 (10 de xaneiro de 2008)
Pano de branco cunha máscara de peliqueiro coa mitra perfilada de vermello e as borlas, pel e coloretes de vermello; e de vermello pano da parte baixa delimitada desde o centro da base da bandeira ata os ángulos de arriba.
O pano de branco e a máscara simbolizan o traxe a tradición dos peliqueiros de Laza; e, o pano de vermello alude á cruz dos escudo e polo tanto representa ao camiño de Santiago.

11 feb 2009

Esgos (bandeira)


Decreto 369/2003, do 25 de setembro DOG núm. 198 (13 de outubro de 2003)
Sobre o pano azul, a cruz patada de amarelo flanqueada por dúas tiras verticais do mesmo.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Castrelo do Val (bandeira)


Decreto 328/2002, do 14 de novembro DOG núm. 232 (2 de decembro de 2002)
Sobre o pano verde, a torre de amarelo; terciado á hasta, de negro coa cruceta patada de amarelo, acompañada das vieiras de branco.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías

Calvos de Randín (bandeira)


Decreto 327/2002, do 14 de novembro DOG núm. 232 (2 de decembro de 2002)
Sobre o pano verde, a torre de amarelo acompañada dos seis bezantes do mesmo.
Véxanse os motivos que inspiran a bandeira deste Municipio no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Boborás (bandeira)


Decreto 136/2003, do 9 xaneiro DOG núm. 24 (4 de febreiro de 2003)
Partida de verde e amarelo, coa cabeza de tenreira ou “xovenca” sumada dunha cruz e acompañada de dúas follas de vide, todo dun no outro.
Véxanse os motivos que inspiran esta bandeira municipal no texto explicativo correspondente ás súas armerías.

Os Blancos (bandeira)


Decreto 176/2008, do 17 de xullo,D.O.G. núm. 160 (20 de agosto de 2008)
Pano de verde; e triángulo de dous terzos da hasta de branco, cunha loba en vermello.
A loba simboliza a lenda da “raíña loba” ou “raíña lupa”, que foi unha figura lendaria que convivía cos lobos dominándoos por licantropía e que nestas terras se conserva no imaxinario popular. O sinople representa o medio rural, paisaxístico e medioambiental do termo municipal e o triángulo alude ao Cerro Penedo da Raíña Loba (1149 m).

O Barco de Valdeorras (bandeira)


Decreto 112/2007, do 24 de maio, d.o.g. nº 113 (13 de xuño de 2007)
Pano dividido en diagonal desde a parte alta da hasta, enbaixo de cor vermella e enriba, dividido en horizontal, un terzo de cor branca e baixo del dous terzos de cor azul celeste.
Bandeira proposta polo propio concello, basada en parte na trascrición dun documento da Real Chancillería de Valladolid do ano 1621, no que se menciona a existencia dunha bandeira para a Terra de Valdeorras. O pano diagonal representa as montañas

Deputación de Ourense (bandeira)


DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE; 295/1997, do 9 de outubro DOG núm. 204 (22 de outubro de 1997)
Sobre o pano azul, once puntos brancos dispostos en vertical e ó batente
A sucesión de puntos brancos, xa utilizada pola institución provincial como grafismo identificativo, alude ó conxunto dos concellos da provincia, aínda que o número concreto representado sobre o pano alude simbolicamente á extensa rede fluvial da provincia, en particular ós ríos Avia, Arenteiro, Arnoia, Bibei, Limia, Mente, Miño, Navea, Salas, Sil e Támega que son orixe das comarcas que configuran a xeografía ourensá.