6 feb 2009

Dozón (escudo)


Decreto 297/1994, do 30 de setembro DOG núm. 199 (14 de outubro de 1994)
De azur (azul), e sobre ondas de azur e prata (branco), unha ponte de prata sumada dun león de ouro (amarelo). Ó timbre, coroa real pechada
A presencia do león e a ponte de branco nestas armas xustificouse por algunhas reproduccións de tinta do selo municipal usado, cando menos, durante o último cuarto do pasado século. A actual representación, usada xa nestes últimos anos, inclúe ademais unhas ondas azuis e brancas indubidablemente oportunas, sen que poida apuntarse cal é o significado ou o motivo desta correcta composición que, por outra parte, ten presencia ben coñecida na heráldica municipal galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario