16 feb 2009

Cuntis (bandeira)


Decreto 80/2008, do 10 de abril, DOG núm. 83 (30 de abril de 2008)
Sobre o pano azul a torre e estrela de amarelo, flanqueada das serpes enfrontadas do mesmo e linguadas de vermello.
Desexa lembrarse a case desaparecida fortaleza de Sebil, da que hoxe non quedan máis ca uns restos e que se levantaba na parroquia de Santa María de Cequeril, un dos lugares da municipalidade onde se localizan testemuñas da orixe castrexa. Como oportunos complementos desexa facerse, mediante a estrela, alusión tamén á vinculación destas terras cos arcebispos de Santiago, que dende o século XII e ata o final do antigo réxime exerceron seu señorío xurisdiccional, e finalmente aos importantes mananciais mineiro-medicinais que propiciaron a aparición de diversas instalacións balnearias, dando carácter e xusta fama á capital municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario