9 feb 2009

Pontevedra (escudo)


Decreto 420/2001, do 29 de novembro DOG núm. 8 (11 de xaneiro de 2002)
De azur (azul) e sobre ondas de azur e prata (branco), unha ponte alombada de tres ollos, sumado á destra dunha porta de muralla, defendida por dúas torres ameadas, á sinistra dunha muralla ameada, movinte do flanco e adestra dunha torre-porta, tamén ameada, e no centro dunha cruz latina e piñonada; todo de ouro (amarelo) e aclarado de gules (vermello). Ó timbre, a coroa real pechada.
Como facilmente se recoñece, trátase das armas tradicionalmente traídas por esta cidade. O seu brasonamento, reflectido correctamente nos modelos en uso, que non deben reinterpretarse como logotipos, heraldicamente inoportunos sempre, é verdadeira copia do correcto e afortunado deseño de J. Bugallal, aprobado pola Corporación o 31 de outubro de 1985. Polo demais, pode dicirse moi ben que no modelo proposto se recolle, con trazos sinxelos e claros, como corresponde ó mellor estilo heráldico, representacións de fácil interpretación no contexto da fisionomía histórica da cidade e cun uso emblemático que está aquí sobradamente consagrado. Trátase, en todo caso, da figuración estilizada da antiga ponte sobre o río Lérez, coa porta que defendía a súa entrada pola marxe dereita do río e a chamada Torre ou Porta da Ponte, edificada sobre as murallas e que era a que daba acceso á vila na marxe esquerda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario