5 feb 2009

O Páramo (escudo)


Decreto 331/1997, do 13 de novembro DOG núm. 227 (24 de novembro de 1997)
De gules (vermello), a cruz da Orden de San Juan, ou de Malta, de prata (branco); mantelado de azur (azul) con dúas torres de ouro (amarelo), unha en cada mantel. Ó timbre, coroa real pechada
Nas novas armas deste municipio recóllense algúns dos motivos e figuras traídos nos emblemas e selos usados nos últimos anos, aínda que dispostas e organizadas con unha maior corrección heráldica. O motivo fundamental é a alusión á Orden de San Juan, ou de Malta, á que durante séculos estiveron vinculadas estas terras, como o expresa a confirmación feita por Afonso X en 1255. Xunto a iso, dispóñense dúas torres nun mantelado –que é representación simbólica da montaña do Páramo, onde se levanta a localidade do mesmo nome– como recordo das numerosas torres e pazos que aínda se conservan dentro do termo municipal

No hay comentarios:

Publicar un comentario