5 feb 2009

Quiroga (escudo)


Decreto 367/1996, do 26 de setembro DOG núm. 200 (11 de outubro de 1996)
De sinople (verde), e sobre ondas de prata (branco) e azur (azul), unha torre de ouro (amarelo) acompañada, no xefe, da cruz da Orden de San Juan, ou de Malta, de prata e flanqueada das catro estacas do mesmo, dúas en cada flanco. Ó timbre, coroa real pechada.
Estas armerías inclúen como motivos fundamentais as consabidas ondas brancas e azuis, como alusión ó río Sil, e a torre que aínda se perfila xunto á capital municipal. Como complemento, dúas referencias históricas sen dúbida ineludibles: a cruz da Orden de San Juan, ou de Malta, en recordo da vella e ben coñecida encomenda de Quiroga, e as estacas heráldicas –ou paos recortados– que nas súas armas pintaron desde os séculos baixomedievais non poucas ramas da célebre liñaxe do mesmo nome.

No hay comentarios:

Publicar un comentario