Decreto 208/2000, do 21 de xullo DOG núm. 157 (14 de agosto de 2000)
Ondado de azur (azul) e prata (branco), cunha banda de gules (vermello), brochante e cargada de catro torres de ouro (amarelo). Ó timbre, a coroa real pechada.
Tráense ó campo deste escudo tres alusións moi concretas. O ondado de azur e prata, que fai referencia ó propio topónimo, e a banda brochante, que recorda o paso da 4ª vía romana e do propio Camiño real, precedente inmediato da gran vía de comunicación Madrid-A Coruña, que tanto influíu no perfil e na vida mesma de boa parte da municipalidade (aquí encóntrase a chamada recta de Corgo, de 7 kms. de lonxitude, chamada tamén Base de Lugo, pois foi a que utilizou Fontán para a triangulación xeométrica e xeodésica do seu famoso mapa de 1845). A banda brochante cárgase, ademais, con catro torres sinxelas, que serven para recorda-las numerosas casas fortes e pazos que aquí se levantaron nos séculos pasados, conservándose hoxe un bo número de valiosas testemuñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario