Decreto 195/1995, do 16 de xuño DOG núm. 126 (3 de xullo de 1995)
De ouro (amarelo), e sobre ondas de azur (azul) e prata (branco), unha cruz floronada de gules (vermello) cargada de cinco vieiras de prata; mantelado de gules con dúas torres de ouro, unha en cada mantel. Ó timbre, coroa real pechada
A cruz con cinco vieiras sobre ondas, emblema que nas súas armas traían os Ribadeneira, recordan a antiga e influente presencia desta liñaxe nas terras que hoxe conforman o termo municipal de Cospeito, onde máis tarde encontrarían asento outras destacadas familias históricas (Pardo-Montenegro, Aguiar, Sanxurxo, Verdes, etc). Como complemento importante inclúense –por medio dun mantelado– dúas torres, que aluden ó destacado papel que na historia e vivir cotián de Cospeito tiveron as fortalezas da Barreira, ubicada en Santa María de Cospeito e que foi cabeza do antigo couto da Pena, e de Vilaxoán, en San Martiño de Pino e cabeza, á súa vez, do antigo couto de Mato.

No hay comentarios:
Publicar un comentario