Decreto 273/2001, do 20 de setembro DOG núm. 200 (16 de outubro de 2001)
De sinople (verde) un cervo de ouro (amarelo), vilenado de gules (vermello); xefe de azur (azul) cunha estrela de ouro flanqueada de dúas áncoras de prata (branco). Ó timbre, a coroa real pechada.
Trátase dunha reformulación sinxela e clara das armerías usadas por este Concello, como consecuencia dunha recente segregación. Para adecuarse a esta nova realidade, disponse como motivo fundamental de carácter parlante a imaxe dun cervo heráldico. Como complemento oportuno, introdúcese un xefe de azur cunha estrela flanqueada de dúas áncoras, que expresan a natural e estreita vinculación dunha boa parte do termo municipal co mar e coas actividades mariñeiras en xeral

No hay comentarios:
Publicar un comentario