4 feb 2009

Moeche (escudo)


Decreto 331/2002, do 14 de novembro DOG núm. 233 (3 de decembro de 2002)
De sinople (verde), unha banda engolada de ouro (amarelo), acompañada de dúas torres do mesmo. Ó timbre, a coroa real pechada
Este escudo non é novo. Trátase, en realidade, dunha modificación do que vén utilizando o municipio dende hai pouco tempo. O cambio, fundamentado só en razóns estéticas, ou de equilibrio e simetría heráldicas, non é dende logo irrelevante. O resultado, polo demais, é moi adecuado: a banda engolada acompañada de dúas torres e non dunha soa, como ata agora disposta no xefe. A primeira figura alude ós Andrade, xa que baixo a súa poderosa presencia discorreu durante varios séculos a historia destas terras; as segundas recordan, pola súa vez, o celebrado castelo de Moeche que, ó final da Idade Media, dominaron os Valcárcel e despois os mesmos Condes de Lemos. Hoxe, como símbolo de grande importancia histórica, encóntrase en proceso de reconstrucción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario