Decreto 298/1994, do 30 de setembro DOG núm. 199 (14 de outubro de 1994)
De ouro (amarelo), e sobre ondas de azur (azul) e prata (branco), unha barca da súa cor, acompañada no alto de dúas cabezas de lobo, da súa cor, linguadas e sangrantes de gules (vermello). Ó timbre, coroa real pechada.
O mar e as actividades mariñeiras todas están representadas nestas armas coa inclusión, sobre ondas azuis e brancas, dunha barca heráldica, coa que se quere aludir tamén á famosa Patroa de Muxía, A Nosa Señora da Barca. A representación compleméntase coas dúas cabezas de lobo –a duplicación responde a unha simple cuestión de simetría– como recordo á heráldica dos Moscoso, excepcionais protagonistas da historia de todas estas terras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario