Decreto 54/1995, do 16 de febreiro. DOG núm. 41 (28 de febreiro de 1995)
De azur (azul), o báculo abacial de ouro (amarelo), acostado de dúas lousas de prata (branco); bordura de sinople (verde) con sete aneles de prata. Ó timbre, coroa real pechada.
O topónimo deste Concello, orixinado no étimo lousa (pedra chá), ó que se engadiu un sufixo abundancial, permite a configuración dunhas armas parlantes: dúas lousas. Entrambas sitúase un báculo abacial, como alusión ó vello mosteiro de San Xusto de Toxosoutos. Como complemento, dispóñense sete aneis de prata na bordura, cos cales se alude ós sete recintos castrexos que se conservan dentro deste termo municipal e, por extensión, ás sete parroquias que o conforman.

No hay comentarios:
Publicar un comentario