4 feb 2009

Dodro (escudo)


Decreto 193/1995, do 16 de xuño DOG núm. 126 (3 de xullo de 1995)
De ouro (amarelo), e sobre ondas de azur (azul) e prata (branco), un piñeiro da súa cor, froitado de mesmo; bordura de gules (vermello), con oito vieiras de ouro. Ó timbre, coroa real pechada
O piñeiro da súa cor que se trae ás armas deste Concello alude á especie arbórea predominante nestas terras, que dada a súa riqueza forestal xoga un moi sinalado papel na economía local; as ondas azuis e brancas recordan, pola súa parte, o río Ulla, o máis importante dos que cruzan o termo municipal (Manselle, Vigo, da Devesa...) e que, ademais, serve de límite cara ó sur. Como complemento, finalmente, as vieiras dispostas na bordura representan o singular vínculo deste termo municipal cos prelados composteláns a través da importante residencia arcebispal de Lestrove.

No hay comentarios:

Publicar un comentario