Decreto 81/1996, do 29 de febreiro DOG núm. 50 (11 de marzo de 1996) Corrección de erros: DOG núm. 51 (12 de marzo de 1996)
De ouro (amarelo), e sobre ondas de azur (azul) e prata (branco), un monte de sinople (verde) cargado de sete estrelas de prata e acompañado de dúas cruces paté, ou ensanchadas, de gules (vermello). Ó timbre, coroa real pechada.
O monte chamado de San Antón, desde o que se contempla unha extraordinaria panorámica, e os ríos Zarzo e Lambre, que cruzan o termo municipal, tráense como motivos fundamentais ás armas deste Concello. Como complemento dispóñense sete estrelas, que aluden ás parroquias que hoxe conforman o Municipio, e dúas cruces paté, ou ensanchadas, no xefe que recordan, á súa vez, as igrexas parroquiais de San Antón (século XIV) e Churío (séculos IX-X).

No hay comentarios:
Publicar un comentario