Decreto 153/2004, do 1 de xullo DOG núm. 135 (14 de xullo de 2004)
De sinople (verde) unha torre de ouro (amarelo) e unha cadea do mesmo disposta en orla. Ó timbre, a coroa real pechada.
Neste escudo móstrase a particular significación que aquí acadou a famosa lenda do tributo das cen doncelas. Segundo a tradición, que non a historia naturalmente, o propio topónimo municipal procedería dun nobre francés así chamado que nas proximidades de Melide vencería os mouros que recollían o mencionado tributo; este heroico feito de armas sería recompensado polo rei con certos herdos nestas terras. Testemuño tamén da referida lenda sería a chamada Casa de Enchousas, hoxe aínda en pé, onde a tradición sitúa o lugar de reunión e selección das doncelas, a entrega das cales satisfacía o mencionado tributo. O esmalte reservado para o campo do escudo serve para lembrar o carácter eminentemente rural da municipalidade, así como o influxo histórico da grande Casa de Andrade, que señoreou estas terras á fin do medievo, transmitíndoas despois á Casa de Lemos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario