4 feb 2009

Sobrado (escudo)


Decreto 251/2002, do 11 de xullo DOG núm. 148 (2 de agosto de 2002)
De sinople (verde), un báculo de prata (branco), adornado de ouro (amarelo) e enlazado con dúas espigas de ouro, dispostas en aspa, e acompañado de dúas vieiras de prata nos flancos; xefe de ouro, cunha aguia de sable (negro). Ó timbre, a coroa real pechada.
Este escudo, de nova factura, xustifícase pola inoportunidade do que foi utilizado ata hoxe polo Municipio. Tráense ó campo catro representacións diferentes. En primeiro termo, o báculo de prata, con adornos de ouro, como representación do gran mosteiro de Sobrado, que foi eixe e testemuña da historia destas terras dende os séculos da plenitude medieval. En segundo lugar, as espigas de ouro, sobre verde, que simbolizan o carácter eminentemente rural e o gran peso económico que aquí teñen as actividades agrícolas en xeral. En terceiro lugar, dispóñense xa as dúas vieiras de prata, como alusión ó Camiño Norte de Santiago, que atravesa o termo municipal. Como complemento oportuno, finalmente, disponse un xefe de ouro coa aguia de sable, para recorda-la pegada histórica da Roma imperial, que no lugar chamado A Cidadela tivo un importante asentamento militar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario