Decreto 273/1996, do 27 de xuño DOG núm. 132 (5 de xullo de 1996)
De azur (azul), e sobre ondas de prata (branco) e azur, unha ponte de prata acompañada no alto de dous sabres do mesmo, encabados de ouro (amarelo) e postos en aspa; bordura de gules (vermello) con trece vieiras de ouro. Ó timbre, coroa real pechada.
Tómanse como motivos para a configuración destas armerías as dúas pontes antigas de certo renome e interese que aquí se conservan, a pontella de Francos e o de Pontevea, xa no límite municipal, así como a célebre batalla de Cacheiras, que alá por 1846 disputaron os sublevados comandados polo coronel Solís e as tropas do xeral Concha. Como complemento, disponse unha bordura con trece vieiras, coas que se alude á proximidade de Teo a Compostela, ó seu propio protagonismo no contexto das rotas xacobeas e, naturalmente, ás trece parroquias que hoxe conforman o Municipio.

No hay comentarios:
Publicar un comentario