4 feb 2009

Abegondo (escudo)


Decreto 145/1994, do 19 de maio DOG núm. 104 (1 de xuño de 1994)
De ouro (amarelo), e sobre ondas de azur (azul) e prata (branco), unha póla de figueira con cinco follas de sinople (verde). Ó timbre, coroa real pechada
A famosa lenda sobre a orixe dos Figueroa, que teñen dentro deste termo municipal o seu antigo e non menos coñecido solar, serve de xusta inspiración para compoñe-las armas do concello. A pola de figueira coas súas cinco follas supón, por outra parte, unha moi oportuna variación gráfica –posto que non se altera o seu significado– das armas portadas polos desta importante liñaxe galega

No hay comentarios:

Publicar un comentario